8 de marzo de 2018 Sen nosoutras o mundo non funciona – FOLGA XERAL

CastellanoCatalàEuskara

8 de marzo de 2018. Día Internacional da Muller Traballadora

SEN NOSOUTRAS O MUNDO NON FUNCIONA

Este 8 de Marzo, a CGT, en coordinación co Movemento Feminista, convoca FOLGA XERAL de 24 horas, laboral, de consumo, de coidados sumándonos á estudantil. Facemos un chamamento a toda a sociedade para que a secunde e participe en cantas mobilizacións e accións se leven a cabo.

Denunciamos a mercantilización que nos explota e escraviza na precariedade das nosas vidas, sendo especialmente cruel na vida e discriminación ás mulleres.

Denunciamos que nos dificulten dobremente ás mulleres o acceso ao emprego, non queremos máis emprego precario, temporal, xornadas parciais e horarios incompatibles co traballo de coidados que se nos impoñen. Exiximos que se acabe coa brecha salarial, a desigualdade nas pensións, o acoso sexual e por razón de sexo nos centros de traballo.

Non poden continuar as violencias machistas e do mercado que nos tratan como obxectos, posesións do mercado, dos homes que nos violan, acosan, maltratan e asasinan, que enferman e incapacitan ás mulleres para vivir, pero tamén das institucións e as súas leis que reproducen actitudes e condutas machistas. Denunciamos as leis por non garantir o dereito a que todas as vidas sexan sostidas sen discriminar a ningunha. Exiximos respecto social e que a Igrexa non se siga inmiscindo.

Queremos un sistema educativo que recoñeza toda a nosa diversidade como mulleres, heterosexuais, lesbianas, bisexuais, transexuais, intersexuales, sen xénero, queers+; Queremos dereitos sexuais e reprodutivos para todas.

É preciso que se eduque na corresponsabilidade dos coidados tanto aos homes como á sociedade. Non queremos nin soportamos máis seguir sendo as únicas responsables invisibles dos coidados das persoas dependentes.

Queremos ter unha sanidade pública e de calidade que non trate como enfermidades a vida das mulleres, a súa menstruación, os seus embarazos, a súa menopausa. Que a medicina dos homes recoñeza e respecte os nosos corpos e as nosas vidas.

As mulleres declarámonos insumisas das fronteiras que sosteñen o racismo, os centros de internamento de extranxeiros, e as deportacións de vida.

Queremos que se nomee e se equipare o valor en todos os traballos que sosteñen as nosas vidas: o traballo doméstico e de coidados, en particular, o que realizan as mulleres escravizadas no réxime especial de empregadas de fogar; e o traballo reprodutivo, da vida e da resposta social á precariedade.

Mulleres migrantes, presas, diversas funcionais, de todos os sectores produtivos e reprodutivos, xuntas nos colectivos sociais de clase gritamos:

Sen nosoutras non hai nin produción nin reprodución. Queremos parar para parar o mundo.

Como dicía Louise Michel na Comuna de París: “As mulleres non se preguntaban se unha cousa era posible, senón se era útil, e entón lograban levala a cabo”.

Folga para vivir, folga para coidarnos.

Únete á loita que somos moitas

Confederación Xeral do Traballo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *